Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
III Semana de Poesía Salvaxe

A lingua do pobo, explosiva semente de primavera

Os versos axitan Ferrol deica o próximo sábado nesta terceira edición da 'Poesía Encarnada'.

Redacción - 09:00 14/04/2010

Catro días intensos de emoción e poemas terán lugar esta semana en Ferrol. Desde este mesmo mércores e até o próximo sábado, velaí outra entrega da Semana de Poesía Salvaxe. Por aló rebrincarán as palabras de Emma Couceiro, Tiago Gomes, Antonio Gómez, Ada Salas, María Couceiro e, para o último día Tres Gatos Swing, música e voces en fusión de jazz-balcánico-africana ou Madammecell, proxecto do pianista Nacho Muñoz. O programa completo téñeno na web oficial: PoesíaSalvaxe.com.

Deixámoslles a reflexión que abre, a machetada verbal, a proposta poética 2010: "Por terceiro ano consecutivo poremos, salvaxemente, sen intermediarios nas rúas, nas esquinas, nos recunchos, prazas, mercados, da nosa cidade, Ferrol, a palabra poética. Con ela voaremos todas as murallas, as mentiras, as hipocrisías, izaremos a dignidade de nomear o mundo, de nomear as cousas, como se fose o primeiro día. E devolveremos a palabra aos seus auténticos donos, as persoas, homes e mulleres."

"A lingua é do pobo, e o pobo cóidaa e aliméntaa".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: