Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HAI QUE INVESTIGAR A TODA A CÚPULA?

O PSdeG remítelle á Fiscalía os nomes de todos os que coincidiron con Crespo na dirección do PPdeG

A deputada Mar Barcón asegura que o seu partido toma esta decisión “xa que agora ninguén coñece a Pablo Crespo cando todos traballaron con el”.

Redacción - 18:28 12/04/2010

O sumario do caso Gürtel contén informes que apuntan a que o PPdeG puido financiar entre 1996 e 1999 campañas electorais con importantes sumas de diñeiro negro. Se isto se demostra, é posíbel que un secretario de Organización (Pablo Crespo) teza unha rede financeira para o partido de costas á propia cúpula? Para o PSdeG isto é pouco críbel. Por iso, agora que “ninguén coñece a Pablo Crespo”, a deputada socialista Mar Barcón anuncia que os socialistas van enviarlle á Fiscalía unha listaxe cos nomes dos 'populares' que formaron parte da dirección nesa etapa.

Barcón lembra que moitos dirixentes que agora fan como se non coñecesen a Crespo “compartiron con el mesa e decisións”. Así citou a nomes que están na relación que se remitirán á Fiscalía como é o caso de Mariano Rajoy, Manuel Fraga, Xesús Palmou, Francisco Cacharro, Romay Beccaría, Alfonso Rueda e un longo etcétera de cargos. A parlamentaria tamén citou a Xosé Cuíña: “Agora todos din que non coñecían a Crespo, e pretenden, nun exercicio de desvergoña, dicir que o único que o coñecía era Cuíña, o que é ademais de moi mal gusto tendo en conta que el xa non pode dar explicacións”.

Dende o PSdeG sosteñen que “o Gürtel naceu no PP de Galicia” e sinalan que o caso é máis grave no noso país xa que “o PP galego é o único que ten un ex dirixente na cadea pola súa relación coa trama, e que era ademais o número tres do partido”. Barcón tamén lembrou que o Núñez Feijoo, sendo conselleiro de Política Territorial, cesou a todos os membros do consello de administración de Portos de Galicia agás a Crespo”, que foi cesado co cambio de Goberno na Xunta en 2005.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: