A decisión, que ten un carácter máis simbólico, prodúcese meses despois de comezar os primeiros contactos.
As dúas caixas galegas proseguen achanzando o camiño para unha posíbel, aínda que complicada, fusión de proxectos. Este martes, o consello de administración de Caixanova deu o paso formal de autorizar as negociacións con Caixa Galicia. O presidente, Xulio Fernández Gayoso, e o seu director xeral, Xosé Luís Pego, serán os encargados de liderar as conversas.
Ningún conselleiro de Caixanova puxo ningunha obxección aos contactos coa outra caixa galega. A razón é evidente, os contactos con maior o menor beizón, existen dende hai meses e o paso dado hoxe é máis de carácter simbólico e para referendar un proceso que leva tempo en marcha.
Dende o BNG, o seu voceiro parlamentario Carlos Aymerich subliñou este martes que a decisión de Caixanova era unha “boa nova” e lembrou que a aposta dos nacionalistas sempre foi pola “integración”