O Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (Bafici) inclúe na súa XII edición varias proxeccións de produción galega.
O Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (Bafici) inclúe na súa XII edición, a partir da semana que vén, un ciclo de producións galegas en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe.
O Bafici proxectará títulos recuperados como Ano Santo en Compostela (1915), Nuestras fiestas de allá (1928), Galicia y Buenos Aires (1931) ou El andamio (1958), así como unha selección de filmes realizados recentemente no noso país. Estre estes hai documentais, curtametraxes e tres longas de ficción.
Programa:
8 abr / 19:00 h El andamio, de Rogelio Amigo + 50 años en el andamio, de Angel Rueda
09 abr / 19:00 h León y Olvido, de Xavier Bermúdez
10 abr / 19:00 h Manuel y Elisa, de Manuel Fernandez Valdés
11 abr / 19:00 h París #1 de Oliver Laxe. O cazador de Angel Santos. 1977 de Peque Varela
15 abr / 19:00 h Pradolongo, de Ignacio Vilar
16 abr / 19:00 h Los muertos van deprisa, de Ángel de la Cruz
17 abr / 19:00 h Materiales Restaurados: Nuestras fiestas de allá
18 abr / 19:00 h Tanyaradzwa, de Alberte Pagán