A equipa profesional galega parte con opcións no 50º aniversario desta rolda, a máis aberta das últimas edicións.
Ezequiel Mosquera
No seu 50º aniversario, a Volta a Euskadi que comeza este luns preséntase como a máis aberta das últimas edicións ante a ausencia do campión dos dous últimos anos, Alberto Contador (Astana).
O Xacobeo Galicia (XGZ) parte con oito corredores, capitaneados por Ezequiel Mosquera: David García, Gustavo C. Veloso, Gonzalo Rabuñal, Serafín Martínez, Marcos García, Delio Fernández e Rodrigo García, dirixidos por José Ángel Vidal.
A rolda vasca, que rematará o vindeiro sábado, presenta un percorrido variado onde terán especial incidencia para o resultado da carreira a subida ao Alto de Arrate, na terceira xornada, o dobre paso por Aia, con ramplas de até o 26%, e a contrarreloxo final de 22 quilómetros en Orio.