Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Euskal Herria

Primeiro Aberri Eguna sen un lehendakari nacionalista vasco

Os partidos soberanistas euscaldúns celebran este domingo en actos separados o Día da Patria. EA únese nesta xornada ao colectivo Independentistak.

Redacción - 10:30 04/04/2010
Marcha do Foro Nacional en 2009

Marcha do Foro Nacional en 2009

Os partidos nacionalistas vascos celebran este domingo de Pascua o Aberri Eguna, o Día da Patria, por vez primeira desde a reinstauración do goberno en Euskadi sen que un nacionalista vasco ocupe a Presidencia (Lehendakaritza).

O PNV elixiu de novo Bilbo para este día. Estaba previsto que o presidente do EBB (Executiva) do PNV, Iñigo Urkullu, fose o encargado de dar lectura a un manifesto en que aposta por materializar iniciativas para que o Estado respecte o sistema institucional "que emane da vontade do pobo vasco".


O colectivo Independentistak, composto por cidadáns en favor da independencia, logrou unir a esquerda abertzale e a Eusko Alkartasuna (EA). O programa é similar ao que en anteriores edicións convocaba o Foro de Debate Nacional. Estaba previsto que dúas marchas partisen ao tempo desde Irún (Gipuzkoa) e Hendaia (Lapurdi) para confluír finalmente na ponte fronteiriza entre herrialdes.


Aralar, formación da esquerda abertzale, decidiu non se unir a esta convocatoria, mais enviará unha delegación. O partido celebrou este sábado o Aberri Eguna de forma anticipada, en colaboración con Abertzaleen Batasuna e Iratzarri, no Iparraldeoa. Na súa declaración oficial aseguran que se "abre un camiño para a colaboración, a posta en marcha dun movemento soberanista, plural e non violento".


Ligazóns

5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Militantes do PNV celebraron actos en montes vascos este sábado pola tarde
Militantes do PNV celebraron actos en montes vascos este sábado pola tarde
O colectivo Independentistak prevé que a xornada sexa histórica
O colectivo Independentistak prevé que a xornada sexa histórica
Acto de Aralar, este sábado pola tarde
Acto de Aralar, este sábado pola tarde