Gómez Bermúdez citou ese días as partes para lles notificar a sentenza, que en principio non se comunicará en lectura pública.
A Sección Primeira da Sala do Penal da Audiencia Nacional dará a coñecer o próximo 12 de abril a sentenza sobre o caso Egunkaria, máis de dous meses despois de finalizar o xuízo, en que cinco directivos do xornal en éuscaro sentaron no banco dos acusados por suposta integración en ETA.
Fontes xurídicas explicaron que o tribunal, presidido polo presidente da Sala do Penal, Javier Gómez Bermúdez, citou as partes para o vindeiro 12 de abril para lles notificar a sentenza, que en principio non se dará a coñecer en lectura pública.