O proceso xudicial podería rematar coa desaparición dunha firma conserveira que lle dá emprego a 350 persoas.
A empresa conserveira Alfageme presentou este xoves nun xulgado de Pontevedra unha petición formal para un concurso de acreedores debido á insolvencia económica. Fontes da CIG confirmaron esta nova e culparon á empresa de non ter buscado outras solucións menos lesivas.
O concurso de acreedores sementas grandes dúbidas sobre a continuidade da empresa e sobre o futuro dos 350 empregos directos que existen neste momento.Alfageme adebédalle ata o momento de pedir a intervención xudicial a paga extra de decembro e a nómina do mes de febreiro.