Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XIV edición

'A Esmorga' e 'O segredo dos Hoffman' triunfan nos María Casares

Con cinco e catro, só deixaron dúas distincións para 'Palabras encadeadas' e cadansúa para 'Testosterona', 'Bicharada' e 'Shakespeare para Ignorantes'.

Redacción - 10:45 25/03/2010
Un momento da gala

Un momento da gala

Como xa facía prever a designación de finalistas, 'A Esmorga' de Sarabela Teatro, e 'O segredo dos Hoffman', de Lagarta Lagarta, foron as obras que acadaron máis premios na XIV edición dos María Casares. 'A Esmorga' recibiu cinco distincións: á mellor iluminación e mais á mellor escenografía, para Suso Díaz; á mellor adaptación, para Begoña Muñoz e Carlos Couceiro; ao mellor actor secundario, para Tito Asorey, e a mellor espectáculo.

Pola súa banda, 'O segredo dos Hoffman' obtivo catro premios: á mellor música orixinal, para Fran Pérez "Narf"; á mellor actriz secundaria, para Rebeca Montero; á mellor actriz protagonista, para Belén Constenla, e á mellor dirección, para Rosa Álvarez, premio compartido con Artur Trillo, por 'Palabras encadeadas', de Talía Teatro.

A montaxe de Talía tamén mereceu o premio ao mellor actor protagonista, que recaeu en Toño Casais. Outras tres obras recibiron cadanseu galardón: 'Testosterona', de Chévere, coa mellor maquillaxe para Fanybell; 'Bicharada', de Berrobambán, co mellor vestiario para Clito Vaello, e 'Shakespeare para Ignorantes', de Producións Teatrais Excéntricas, co mellor texto orixinal para Mofa & Befa.

A gala de entrega dos premios, que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, tivo lugar este mércores no teatro Rosalía de Castro da Coruña. No seu decurso, intercaláronse pezas dun espectáculo musical inspirado no 'burlesque' e nas feiras ambulantes dos anos 30 do século pasado.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: