Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A prol de fusións interrexionais

O presidente estremeño convida as caixas de aló a buscar noivas fóra

Fernández Vara opina que Caja Estremadura e Caja Badajoz non teñen sitio no mercado "con volumes tan pequenos de activos".

Redacción - 19:05 23/03/2010

Non é novidade a proximidade que entre os partidos maioritarios no Congreso, PSOE e PP, existe arredor da redefinición estratéxica do mapa de caixas a nivel estatal. Un dos eixos de consenso que se teñen debuxado entre ambas as dúas formacións políticas é xustamente a retirada do veto autonómico. Un paso que favorecería o forzamento de fusións entre caixas de diferentes comunidades autónomas, as chamadas fusións interrexionais.

En pleno conflito da Xunta co goberno español polo recurso de inconstitucionalidade á lei de caixas galegas, a posibilidade de que o actual executivo galego acabase cedendo a prol dunha fusión de Caixa Galicia con Caja Madrid ou de Caixanova con Cajastur, non deixou de estar presente nos agoiros.

Desta volta, contámoslles do caso de Estremadura, tamén con dúas caixas de aforros locais, Caja Extremadura e Caja Badajoz, onde o presidente da Junta estremeña, o socialista Guillermo Fernández Vara, se posicionaba este martes criticamente coa fusión destas dúas entidades. Asgurou Fernández Vara que estará a prol dunha fusión que "defenda os intereses de Estremadura", pero dixo dubidar de que iso sexa posíbel cara ao futuro coa dimensión e volume de activos dunha entidade estremeña fusionada.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: