O desexo dos pacientes a rexeitar un tratamento queda estabelecido por lei. O PP tratou de incluír o dereito á obxección dos doutores, finalmente rexeitado.
O groso da lei sae adiante co apoio de PSOE, PP e IU
"Todos os seres humanos aspiran a vivir dignamente (...) a morte tamén forma parte da vida (...) unha vida digna require unha morte digna", expón a lexislación impulsada polo Parlamento andaluz. Así sae adiante a bautizada Lei de Dereitos e Garantías da Dignidade da Persoa no Proceso da Morte. A maioría de deputados de PSOE e Izquierda Unida aprobou a norma.
Parte da norma sae adiante ademais coa beizón do PP. O voto por separado dos artigos da lei, permitiu que os populares rexeitasen en concreto tres deles. De xeito específico, o PP tamén pretendía a inclusión dun apartado onde se garantise o dereito dos profesionais sanitarios á obxección de conciencia, petición rexeitada polos outros dous grupos. Deste xeito, a Cámara andaluza convértese en pioneira a nivel estatal na ordenación dos dereitos dos pacientes terminais e das obrigas dos profesionais que as atenden.
Para ampliar: