Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Recta final da IX edición do evento artístico

Refacho de novas propostas galegas no FestivAlt

O programa especial 'Galicia presenta' leva a novos artistas do país ao treito final do Festival ALT.

Redacción - 09:00 18/03/2010
''Bodegones de un alma'' dos cataláns Vero Cendoya, que estarán no peche do FestivAlt

''Bodegones de un alma'' dos cataláns Vero Cendoya, que estarán no peche do FestivAlt

O especial 'Galicia presenta' servirá de plataforma de coñecemento e exhibición de novos artistas galegos, aos que o FestivALT lles adica o venres 19. Carolina Fernández, Alfonso Rivera, Uxia P. Vaello e Borja Fernández amosarán as súas propostas artísticas nunha serie de funcións ás que asistirán directores de numerosos festivais que terán a oportunidade de coñecer o que se está facendo en Galiza no ámbito da escena contemporánea.

O FestivAlt pecha esta próxima fin de semana esta exitosa novena edición con outras sete propostas. Alén do especial de artistas galegos, o xoves 18 presentaranse as creacións das compañías Sleepwalk Collective e Ertza. A primeira ofrecerá a performance ''As the flames rose we danced to the sirens, the sirens'' no Museo Galego de Arte Contemporánea ás 20 horas, un traballo interpretado por Iara Solano que nos fala do perigo, do rescate e do auxilio, "reflectindo a relación do ser humano coa catástrofe e o desexo de ser rescatados". O espectáculo de danza ''Zoo (Bestias Trajeadas)'' da compañía vasca Ertza, que poderá verse ás 21h30 na Casa das Artes, ofrecerá a posibilidade de observar o comportamento dun grupo de persoas nun espazo reducido, analizando as súas reaccións. Finalmente, o sábado 20 ten lugar o espectáculo ''Bodegones de un alma'' dos cataláns Vero Cendoya, un traballo que mestura pintura, danza e vídeo e que poderá verse no MARCO ás 20h; e a proposta dos andaluces Mandaíto Producciones ''Días, pasan, cosas'', un espectáculo de danza dirixido por Guillermo Weickert que terá lugar na Casa das Artes ás 21h30.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: