Porén, o goberno español subliña que hai un cambio de tendencia a nivel estatal. No último trimestre aumentaron as transaccións.
A crise económica volveu notarse de xeito especial na venda de vivendas. Segundo datos do goberno español, en 2009 a venda de pisos e casas en Galiza caeu un 19,4% con respecto ao ano anterior. A nivel estatal só Madrid tivo datos positivos ao incrementarse en dous puntos as transaccións. Por comunidades as caídas máis acentuadas tiveron lugar en Castela-A Mancha (31,9%); Canarias (29,3); e Asturias (24,5)
Porén, o Ministerio de Vivenda salienta que, por vez primeira dende 2006, a nivel estatal houbo un repunte no último trimestre de 2009. Dende o departamento que dirixe Beatriz Corredor consideran que o dato evidencia que a caída dos tres anos anteriores pode estar a piques de rematar.