Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NA REDE

Imaxes en directo de Phobos, a maior lúa de Marte

A nave espacial Mars Express, da Axencia Espacial Europea, sobrevoará o satélite a unha distancia de 67 quilómetros.

Redacción - 19:15 03/03/2010

As imaxes da maior lúa marciana estarán na noite deste mércores á nosa disposición en directo a través de internet. A sonda Mars Express, da Axencia Espacial Europea (ESA), sobrevoará case rozando a superficie de Phobos, a unha altitude de 67 quilómetros. Será o maior achegamento que se teña rexistrado dun artefacto humano ao corpo estelar.

Esta proximidade permitirá os investigadores observar con grande claridade a superficie do satélite e desvelar algúns dos seus secretos, como a súa orixe e o seu proceso de formación. A manobra poderá seguirse en tempo real (alén dos seis minutos e trinta segundos de atraso da luz dende Marte) cara as 21:55 horas no blog da Mars Express.

A ESA planificou unha serie de 12 sobrevoos ao redor da lúa, que xa se veñen producindo dende o pasado 16 de febreiro a 991 quilómetros de distancia. A cada paso que dá cara ao satélite, obtén nova información, mais o verdadeiro impulso será esta noite: o Mars Express será atraído polo campo gravitacional de Phobos e ofrecerá previsibelmente unha panorámica única da lúa marciana.


4,78/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: