Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Consulta noutros 80 municipios

Outros 60 mil cataláns acudiron ás urnas para votar sobre a independencia

A participación descende ao 21% do electorado convocado, e o "si" continúa maioritario: 94%.

Redacción - 10:30 01/03/2010
A próxima votación será o 25 de abril

A próxima votación será o 25 de abril

"Se a autodeterminación fose un partido político, nestes momentos sería o primeiro partido político de Cataluña, cousa que reflicte que o proxecto que consegue un apoio máis importante é a autodeterminación". Así o subliña Uriel Bertran, portavoz da Coordinadora que organiza as consultas, para quen o nivel de participación, aínda descendendo respecto ás realizadas o pasado mes de decembro, amosa que a iniciativa está consolidada. Betran tamén insiste en que, máis que o dato final de participación, é importante o éxito da organización do proceso en si.


Para a Coordinadora, as cifras indican que as consultas reveláronse como un fenómeno social imparábel malia os intentos por obstaculizalas. Chaman a atención sobre o "baleiro mediático, desprezos e paus nas rodas" que atrancaron o traballo das asembleas organizadoras locais. "Non puideron acabar coa consulta independentista, un proceso que segue adiante", afirman, salientando que a cita desta última fin de semana é ponte cara ás convocatorias do próximo 25 de abril, onde están chamadas a votar un millón de persoas máis. Na xornada deste domingo, a cifra máis alta de participación rexistrouse en Bergedà, onde o 56,58% da veciñanza convocada acudiu ás urnas.

Recomendámoslles ampliar no especial informativo de Vilaweb.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: