Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
80 municipios de 25 comarcas

300 mil electores cataláns, a consulta este domingo sobre a independencia

Un total de 290.012 votantes de máis de 16 anos están chamados ás urnas na segunda quenda de consultas arredistas en Cataluña.

Redacción - 12:00 28/02/2010
O 25 de abril está prevista outra quenda

O 25 de abril está prevista outra quenda

Un total de 80 municipios cataláns participan este domingo na segunda quenda de consultas soberanistas, onde un total de 290.012 electores de máis de 16 anos poderán expresar se están a favor ou en contra da independencia de Cataluña.

A maioría dos referendos realízanse en municipios pequenos. El Vendrell (Baix Penedès), duns 35 mil habitantes, é o municipio máis grande, e Sales de Llierca (La Garrotxa), cun cento, o máis pequeno.

O 25 de abril están prevista unha novas quenda de consultas, onde participarán os habitantes de cidades destacadas como Girona, Lleida, Manresa, Reus e Figueres. Posteriormente, farano tamén Tarragona e Barcelona.

Observadores internacionais

Observadores internacionais, encabezados polo deputado sardo Gavino Sale, acreditarán que as consultas deste domingo se fan baixo os mesmos parámetros e protocolos que as do pasado 13 de Nadal.


Ligazóns

5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: