Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMARCA DE VIGO

Citroën prescindirá de centos de operarios eventuais debido á caída de vendas

A dirección da fábrica comunicoulle este luns aos sindicatos que prescindirá de 700 traballadores temporais.

Redacción - 10:43 23/02/2010
Tags: Citroën

A factoría de Citröen en Vigo está a sufrir directamente as consecuencias da crise. A dirección da empresa comunicoulle este luns aos sindicatos un “axuste de producción” que se traducirá no despedimento de 700 traballadores eventuais. Citroën explica que se ve obrigada a este recorte debido á caída de vendas do modelo C4 Picasso.

A noticia causa moita preocupación debido á importancia vital que ten esta empresa para a comarca de Vigo. A marca francesa foi reducindo emprego nos dous últimos anos. Así, a compañía pasou de contar con 10.100 traballadores (fixos e temporais) en 2007 a 7.900 ao longo de 2009.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: