Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
VIABILIDADE DA INTERNET

R apoia que os buscadores lles paguen unha taxa aos operadores de rede

O ministro de Industria ve viábel a proposta, apuntada polo presidente de Telefónica, e que xa non é nova en Europa.

Redacción - 09:15 16/02/2010

O ministro de Industria, Miguel Sebastián, asegurou este luns que é unha "opción posíbel" que os operadores de telecomunicacións lles cobren unha taxa aos buscadores, como Google, polo uso da súa rede. Deste xeito, Sebastián deu por válidas as declaracións do presidente de Telefónica, César Alierta, que a semana pasada avogara por frear a estratexia dos buscadores de Internet, que se serven das redes despregadas sen pagar nada a cambio.

O ministro asegurou, durante a inauguración do Mobile World Congress, que ten lugar en Barcelona até o venres, que "é unha opción posíbel que hai que discutir e barallar".

R, a prol dunha compensación
O operador galego de telecomunicacións R tamén se amosou a favor da medida, por tratarse dun xeito de garantir un crecemento sustentábel da rede "entre todos os elos da cadea". Segundo a compañía, a idea xa leva tempo formulándose en diversos países europeos.

Segundo un voceiro de R, "os xeradores de contido absorben largo de banda pero non contribúen a que a rede siga medrando", o que si deben facer os operadores, que asumen o custo de manter e mellorar a infraestrutura. Como mostra diso, apuntou que R leva investidos 800 millóns de euros na súa rede, e que eses gastos aínda non se amortizaron, "mentres que os produtores de contidos estanse beneficiando para chegar ao usuario final", que tampouco debería asumir ese custo, porque xa está a pagar pola conexión.

O presidente de Telefónica fixo a súa proposta considerando que os operadores son os que poñen os medios para que os buscadores desenvolvan o seu modelo de negocio, polo que se amosou partidario de cobrar cotas ou de universalizar as aplicacións para móbiles independentemente da súa marca a través de plataformas das propias operadoras.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: