Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Guía de fin de semana: Laza, Verín, Xinzo ...

"Jalisian fusion traditional speaking and dancing in the Entroido"

'As Trilingües', encargadas do pregón das festas en Ourense. O 'decretazo' cóase nas celebracións dalgunhas vilas do país.

Redacción - 11:35 12/02/2010

O Entroido celébrase en todo o país, mais hai algunhas vilas onde a festa non deixa ninguén na casa, sobre todo nas comarcas do sueste. Algunhas xa levan case que un mes de troula. Porén, a partir desta fin de semana e deica o enterro da sardiña, o mércores que vén (e máis alá), a xolda non vai parar.

Venres, 12 de febreiro
Vigo: Concurso de Coplas
Laza: Venres de Folión

Sábado, 13 de febreiro
Laza: Sábado das Cabritadas
Verín: Sábado de Entroido

Domingo, 14 de febreiro
Vigo: Domingo de Entroido (saída dos merdeiros)
O Hío: Domingo de Entroido (chegada dos gaiteiros)
Laza: Domingo de Estrea (peliqueiros)
Verín: Domingo de Entroido (máscaras e cigarróns)
Xinzo: Domingo de Entroido (pantallas)
Pobra do Brollón: Domingo de Entroido (madamas e danzantes)

Luns, 15 de febreiro
O Hío: Luns de Entroido
Laza: Luns Borralleiro
Verín: Luns Fareleiro
Pobra do Brollón: Luns de Entroido (Saída do oso)

Martes, 16 de febreiro
Vigo: Martes de Entroido (Saída dos merdeiros)
O Hío: Martes de Entroido
Vilaboa: Martes de Entroido
Laza: Martes de Entroido
Verín: Martes de Entroido (máscaras e cigarróns)
Pobra de Brollón: Martes de Entroido (Madamas e danzantes)

Mércores, 17 de febreiro
Xinzo: Mércores de Cinza, Enterro da Sardiña

Domingo, 21 de febreiro
Verín: Domingo de Piñata
Xinzo: Domingo de Piñata


Poden consultar polo miúdo nas seguintes ligazóns os programas festeiros dos concellos máis senlleiros:


Máis información:

O decretazo, tamén protagonista deste ano
A actualidade política local sempre ocupa boa parte das cancións das comparsas. Tamén a nacional e, este ano, o polémico borrador do decreto do plurilingüismo da Xunta centra tamén as críticas. Por exemplo, a plataforma Queremos Galego organiza varias destas comparsas críticas e 'chocalleiras' en vilas como Lugo. E en Ourense, o pregón -este venres- correrá a cargo d'As Trilingües (Jalisian fusion traditional speaking and dancing in the Entroido).


5/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: