A entidade coruñesa destina 336 millóns de euros a provisións para afrontar 2010 e recoñece que é precisa a “prudencia” para os vindeiros anos.
O Banco Pastor tivo un beneficio neto atribuido de 100 millóns de euros en 2009. A cifra é un 38% inferior á do ano anterior, cando o resultado superou os 164 millóns. Pero máis salientábel aínda e que a entidade destinase 336 millóns a provisións para afrontar o 2010. O banco coruñés envioulle este venres un informe á Comisión Nacional do Mercado de Valores no que subliñaba que “a prudencia debe seguir sendo a prioridade deste exercicio
O ano pasado o Pastor pechou cunha alta taxa de morosidade (4,88%), máis dun punto por riba ca no ano anterior. Eis un dos principais problemas que está atopando a entidade para lograr beneficios (que baixaron substancialmente nos últimos anos). Ao igual que a inmensa maioría das entidades financeiras, os investimentos no pasado no sector inmobiliario están a lastrar o presente e que o obrigou a desprenderse de porcentaxes accionariais en determinadas empresas.