Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
DESPRAZAMENTOS

O uso do transporte público descendeu no ano 2009

Con todo, en Galiza o descenso no uso do autobús urbano caeu un 1,8% fronte ao 2,9% que se rexistrou no conxunto do Estado.

Redacción - 19:30 09/02/2010

O uso do transporte urbano regular por autobús en Galiza diminuíu en decembro un dous por cento con respecto ao mesmo mes de 2008. Segundo os datos do INE, os usuarios dese medio de transporte reducíronse até os cinco millóns. No conxunto do ano, o descenso foi do 1,8 por cento.

Con todo, o descenso no uso do autobús urbano foi inferior ao que se produciu no estado español, onde caeu un 2,7 por cento no mes de decembro e un 2,9 no conxunto do ano.

No que se refire ao transporte aéreo interior, o descenso foi dun 6,8 por cento en 2009, o que contabilizou un total de 38,2 millóns de persoas viaxeiras no conxunto do estado español. En total, houbo 3.017 millóns de desprazamentos por transporte urbano no ano 2009, cun descenso do 3,7 por cento. No interurbano, a caída foi do 3,5 por cento, cun total de 1.769 millóns de billetes vendidos.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: