Na segunda semana de marzo, Compostela acollerá unhas xornadas que reflexionarán sobre os “Dereitos e responsabilidades de nenas, nenos e adolescentes”.
Este ano, os Encontros de Educación para a Paz, que anualmente organiza o Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP), chegan á súa vixésimo quinta edición. O tema de reflexión nesta edición versará sobre “Os dereitos e responsabilidades de nenas, nenos e adolescentes” e complementará as actividades e iniciativas que, con motivo do Día Escolar da Paz, se desenvolveron sobre este mesmo tema nos colexios e institutos de toda Galiza.
Os XXV Encontros celebraranse na Facultade de Xornalismo en Santiago de Compostela e teñen un recoñecemento de un crédito de libre configuración para o alumnado das tres universidades galegas. Entre os relatores destacan Elsa Punset (especialista en xestión emocional), Xosé Antón Caride, (catedrático de Pedagoxía Social da USC), irene Comins Mingol (coordinadora da Cátedra Unesco de Filosofía per la Pau da Universidade Jaume I de Castelló) ou Consuelo Crespo Bofill, presidenta de UNICEF.