Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Só cederon un set

O Volei Vigo gaña a Copa Príncipe cun dominio incontestábel sobre o Almoradí

Os alacantinos, que defendían o título, sempre foron a remolque e aínda que destacan en defensa non puideron parar o xogo dos galegos.

Redacción - 11:00 08/02/2010
Os campións, este domingo

Os campións, este domingo

O Club Vigo Voleibol é o novo campión da Copa Príncipe logo de derrotar o vixente campión, o CV Almoradí, este domingo en Castelló. Os alacantinos sempre foron a remolque e non puideron tirar rendemento dunha das súas mellores armas, a defensa.

Varios erros do rival, o defensor do título, facilitaron unha cómoda vantaxe inicial do Volei Vigo (3-8) que finalmente foi definitiva para perder o set (20-25).

Na segunda manga os galegos levaron a iniciativa no marcador grazas aos bloqueos de Benassi e aos erros de saque dos alacantinos (14-18).

No terceiro set o conxunto alacantino si conseguiu levar a iniciativa, grazas en parte á intensidade de bloqueos como o realizado por Crespo e Mateo, que conseguiron neutralizar os ataques galegos.

A igualdade no cuarto set foi patente até o 6-10, cando varios remates en diagonal dos vigueses lles outorgaron as primeiras rendas. Benassi actuou como revulsivo para consolidar a vantaxe con dous bloqueos consecutivos (10-16).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: