O galardón recoñece publicamente unha “carreira interpretativa brillante” e salienta o traballo na obra “Afterplay”, con teatro do Atlántico.
O xurado do IX Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva resolviu conceder este galardón ao actor coruñés Gonzalo Uriarte. A organización salienta toda unha traxectoria, mais fincapé no traballo do artista na obra “Afterplay”, da compañía teatro do Atlántico.Nado na Coruña en 1952, Uriarte comezou a súa andaina profesional no teatro en 1978. A súa actividade enfocouse a partir de mediados dos 80 ao cinema e á televisión, onde ten unha longa carreira como actor e dobrador.
O premio Maruxa Villanueva fallouse en Padrón. O xurado estivo presidido por concelleiro de Cultura, Eloy Rodríguez, e del formaban parte Inma López Silva; Carlos C. Biscainho; Roberto Pascual Rodríguez; Afonso Becerra; Antonio Fernández Anguieira; Manuel García Pereira; Xoán Andrés Santaló; e Maria Cruz Taboada.