Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRITICA ABERTAMENTE AO PSOE

Adolfo Domínguez “faille un traxe” a ZP

O coñecido deseñador de moda, que demanda facilidades para o despedimento, afirma que se non hai un cambio político o Estado Español irá á creba.

Redacción - 18:11 03/02/2010
Adolfo Domínguez

Adolfo Domínguez

Adolfo Domínguez “fíxolle un bo traxe” este mércores ao goberno de Zapatero. Durante unha intervención no Forum Europa Tribuna Galicia, o modisto ourensán asegurou que “se seguen gobernando os mesmos” o Estado Español “irá á creba” . Domínguez considera que a crise actual é especialmente virulenta debido a que o executivo estatal teimou en negar a mala situación económica e a que “se improvisan medidas dun día para outro”.

O empresario afirmou publicamente que a esquerda está a demostrar un gran “ineptitude” á hora de gobernar. “A esquerda esquence que a riqueza é froito do esforzo e só fala de dereitos e rara vez de deberes”. Fronte a isto, avogou por unha reforma laboral profunda (próxima ao despedimento libre) que considera imprescindíbel para volver a crear emprego.

Domínguez fixo votos para que o vindeiro goberno español teña maioría absoluta para que “faga o que teña que facer”. Aínda así, recomendoulle á dereita que non vaia sempre do brazo da relixión para poder captar votos de persoas “laicas”, como el mesmo se definiu.


1,55/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: