O grupo Flickr de arquitectura tradicional galega xa con con 500 usuarios que demostraron o seu interese por retratar o noso patrimonio.
Hórreo na Curra / Flickr: docampo
A arquitectura sen arquitectos. Este é o obxecto das xa catro mil imaxes que se poden consultar no grupo de Flickr do patrimonio arquitectónico galego. Airas, alpendres, alvarizas, batáns, lavadoiros, muíños ou cruceiros... as fotografías achegadas polos 500 usuarios que xa se adheriron ao portal de internet fan un repaso ás nosas construcións máis tradicionais ao tempo que ofrecen un amplo arquivo fotográfico con imaxes dos puntos máis dispersos da nosa xeografía.
A iniciativa, impulsada entre outros polo responsábel da web Cultura Popular de Sandiás, está aberta á participación de todas as persoas que o desexen. Ademais do interese de poñer en valor o patrimonio tradicional do país, tamén denuncia o abandono e despoboamento do noso rural.