Nestes días de festa entroideira, o Vieiros da Escola repara na expresión oral improvisada.
A regueifa é un desafio en verso entre dúas ou máis persoas que disputan usando a retranca, o humor e moita creatividade. Forman parte da tradición oral galega e no tempo actual estanse recuperando para dalas a coñecer, sobre todo aos máis novos. Na actualidade practícase, aínda que de maneira esporádica, en moitos pobos de Galiza, pero está especialmente estendida nas comarcas de Bergantiños, Terra Soneira e Fisterra.
Cóntase tamén que a regueifa, como improvisación oral, ven dunha tradición de versificación que se facía antano antes do banquete de vodas para conseguir a “regueifa”, un pan especial que se entregaba ao mellor improvisador. Segundo parece os noivos puñan a disposición dos paisanos que non foran invitados ao convite unha regueifa de pan que repartía entre todos os presentes o regueifeiro
Da man de Francisca García Merino, do CEIP Abanqueiro, en Boiro, chéganos a entrega especial A Regueifa, no Vieiros da Escola