Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PESAR DA DEMANDA SOCIAL

Educación descarta unha discriminación positiva cara ao galego

A Xunta afirma que está aberta ao diálogo pero mantén que ten que haber un “equilibrio total” co castelán.

Redacción - 17:37 25/01/2010

O conselleiro Xesús Vázquez deu por concluída a primeira fase do “diálogo político” e afirmou que hai “marxe para chegar a moitos puntos de encontro” aínda que reiterou que o PPdeG “non vai renunciar a uns principios que están no programa electoral”. O punto ao que se aferra a Consellaría de Educación é o “equilibrio total” entre galego e castelán. Esta rixidez impide chegar a un acordo coas numerosas organizacións políticas e sociais que demandan unha discriminación positiva para o idioma do país.

E aí, máis aló dunha simple cuestión de porcentaxes, estriba a gran diferenza entre o executivo de Núñez Feijoo e os partidarios da normalización lingüística. Na consellaría tiran por terra todas as teorías sobre a situación lingüística do país e dan por feito que hai unha igualdade real entre os dous idiomas: “O que nunca aceptaremos é unha inmersión lingüística nunha das dúas linguas”. Vázquez anunciou que o a Xunta mantén os seus plans de ter en vigor o novo decreto en setembro deste ano.

Tanto PSdeG como BNG manteñen que a única base para o consenso é o Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado no seu día por unanimidade parlamentaria. Pola contra o PPdeG fixo público este luns un comunicado no que aplaude o posicionamento da consellaría e a súa vontade de “diálogo e transparencia”.


2,28/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: