Unha nova rede social galega de mensaxes curtas aumenta numericamente as posibilidades deste tipo de servizos.
Despois da experiencia posta en marcha por Lareta.net (actualmente non operativa), nace unha nova proposta de rede social de mensaxes curtas en galego: Latri.ca. Fronte ao límite de 160 caracteres doutros servizos, Latri.ca ofrece a posibilidade de publicar entradas de até 200 ("porque aos galegos non nos chegan").
O proxecto, baseado nunha licenza Creative Commons, é obra da compañía Sinxelo. Polo seu escaso tempo de vida, aínda conta cun número reducido de persoas usuarias.