Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Propón "unha grande exposición" para este ano

O BNG pide que o legado de Castelao sexa declarado Ben de Interese Cultural co gallo do Xacobeo

Agarda que o PPdeG apoie a proposición non de lei malia "os seus prexuízos en materia lingüística e cultural galega".

Redacción - 18:45 19/01/2010

A parlamentaria e voceira de Cultura do BNG, Ana Pontón, presentou unha proposición non de lei para que o legado de Castelao sexa declarado Ben de Interese Cultural. A deputada considera que a importancia de Castelao como referente na defensa da cultura e da lingua galegas e no plano político fan "imprescindíbel que neste ano 2010 se incoe o expediente para que a súa obra sexa declarada como Ben de Interese Cultural", o nivel máis alto de protección que permite a lexislación galega.

Segundo Pontón, pódese aproveitar o Xacobeo 2010 como plataforma para divulgar a obra do escritor e apuntou que unha das iniciativas podería ser "a da organización dunha grande exposición dedicada á vida e á obra da figura máis relevante do pensamento do século XX". Aproveitou para criticar a programación do Xacobeo, na que a cultura galega está "secundarizada" ou é "invisíbel".

Tamén avogou por chegar a un acordo coa Deputación de Pontevedra para que o conxunto dos seus fondos sexan públicos e por que o PPdeG apoie a proposición non de lei malia "os seus prexuízos en materia lingüística e cultural galega".


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: