Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
REACCIÓN

Educación “respecta e agradece” a opinión da RAG pero insiste en manter o “equilibrio” entre “galego e castelán”

O Goberno afirma que terá en conta a análise dos académicos á hora de elaborar o texto final.

Redacción - 17:17 18/01/2010
Tags: decreto RAG

Pouco despois de que a Academia dese a coñecer a súa oposición ao proxecto de decreto do Goberno, a Xunta fixo público un comunicado no que “agradece” a análise crítica e as propostas que “terá en conta” á hora de redactar o texto final. Aínda que a nota intenta ser respectuosa co ditame académico, na mesma déixase entrever que a RAG é parte na discusión xa que “desenvolve un importante traballo na promoción dunha das dúas linguas de Galicia: o galego”. 

Se a RAG deixa claro no seu documento que é precisa unha discriminación positiva da lingua do país para conseguir nun futuro unha igualdade real co castelán, o Goberno teima en falar dun “modelo equilibrado entre as dúas linguas oficiais”, como se a devandita igualdade fose un feito a día de hoxe.


1,7/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: