Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
SEN CALENDARIO DE NEGOCIACIÓN

UXT remite a Educación 18 emendas ao decreto

Agardará até o vindeiro luns por unha resposta da Xunta. Do contrario, sumarase á folga do ensino do vindeiro xoves.

Redacción - 18:15 14/01/2010
Marcelino Brea é secretario xeral da FETE-UXT

Marcelino Brea é secretario xeral da FETE-UXT

Sen un calendario para a negociación do decreto do galego sobre a mesa, a Federación de Traballadores do Ensino (FETE) da UXT está a reflexionar sobre a súa adhesión á folga nas aulas do vindeiro xoves. De momento, anuncia que "quere esgotar até o límite máximo os prazos para que a Consellaría mude a súa posición e retire o borrador ou o modifique substancialmente".

De momento, enviaron unha proposta con 18 emendas de modificación das disposicións das bases do decreto dadas a coñecer pola Xunta e adiantan que de non recibir unha resposta satisfactoria "verémonos na obriga de participar nas mobilizacións sociais e mesmo convocar as medidas de carácter sindical máis axeitadas para defender os dereitos da nosa lingua no ensino".

  • Reproducimos aquí o contido das emendas:

En relación co título do decreto propoñemos: "Decreto polo que se regula o uso e potenciación da lingua galega nas ensinanzas LOE en Galicia".

En relación coas disposicións propoñemos que a lingua na Administración educativa debe ser, con carácter xeral o galego.
Así mesmo consideramos que se deben poñer os medios e recursos necesarios para atender á diversidade do alumnado en relación coa garantía da aprendizaxe das dúas linguas cooficiais.

A participación dos pais e nais no proxecto lingüístico non pode restrinxirse a unha simple pregunta que será ademais vinculante. Esta participación ten que ir na liña de respostas a cuestionarios sociolingüísticos que non poden ser vinculantes.

Polo que atinxe ó trilingüismo non podemos aceptar un establecemento de "facto", pois todos sabemos que non é posible, por iso propoñemos que se tenderá ó establecemento deste reparto lingüístico.

As disposicións máis transcendentais para cambiar son as referidas a garantir unha presencia mínima do galego, tanto en infantil como en primaria, secundaria, bacharelato e FP. Non podemos aceptar que o Coñecemento do Medio social, natural e cultural e as Matemáticas se poidan impartir en español se non avanza o espacio da lingua estranxeira. O mesmo ocorre na ESO. No bacharelato tamén se deben prescribir as materias a impartir en galego que non deben baixar do 50% tal como establece o Plano de Normalización Lingüística (PNL). Así mesmo na FP ten que asegurarse o cumprimento do PNL.

Consideramos absurdo a disposición 7 referida a horarios e utilización das linguas. O profesorado sabe como se deben utilizar as linguas das distintas materias e polo tanto pedimos a retirada desta disposición.

As demais emendas van na liña de corrixir, perfeccionar e aplicar correctamente a nomenclatura dos regulamentos de organización dos centros, da Lei de Normalización e do PNL.


Ligazóns

4,25/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: