Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

O Xacobeo Galicia presenta a súa nova bicicleta: a BH G5

Un acordo co fabricante, en cuxo equipo militara Álvaro Pino, permitirá que os ciclistas galegos usen o rápido e lixeiro prototipo.

Redacción - 17:47 14/01/2010
Probando a nova bicicleta

Probando a nova bicicleta

O Xacobeo Galicia dispoñerá esta temporada do prototipo de bicicleta de gama alta BH G5. O equipo asinou un acordo co fabricante, co que Álvaro Pino tivo unha importante vinculación nos anos 80, para poder facer uso do modelo.

Os ciclistas, despois das primeiras probas, destacaron que se trata dunha bicicleta "lixeira, ríxida, moi manexábel e fiábel e, polo tanto, extraordinariamente competitiva". O novo prototipo xa espertou comentarios positivos en medios especializados no momento do seu lanzamento, hai uns meses.

A bicicleta conta cun cadro fabricado integramente en carbono, dispón de todos os avances tecnolóxicos no eido das bicicletas de estrada e pesa só 810 gramos. O deseño do soporte de cambio é tamén novo e proporciona máis consistencia e efectividade.

O fabricante de bicicletas volve ao ciclismo profesional despois de varios anos de ausencia. Desta volta, será nun ano moi especial para o Xacobeo.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: