Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OBITUARIO

Finou en Compostela Andrés Pazos, un dos máis prestixiosos actores uruguaios

Galego de nacemento, desenvolveu case toda a súa carreira en Uruguai. En 2004 protagonizou “Whisky”, considerada unha das mellores películas do cine uruguaio da última década.

Redacción - 12:34 14/01/2010

Galego de nación pero uruguaio de vivencia. Andrés Pazos (Compostela, 1945)  morreu este mércores na capital de Galiza logo de sufrir unha prolongada doenza. A nova do seu pasamento está a ter máis repercusión en Uruguai e na Arxentina que na súa propia terra natal. Pazos estaba considerado como un dos actores máis destacados do cine uruguaio dos últimos anos.

Comezou a súa carreira artística en 1969 formándose na prestixiosa escola de teatro El Galpón. Como actor teatral participou activamente na fundación de Teatro de La Gaviota, outra compañía indispensábel en Uruguai. En 1992 regresou a Galiza, de onde marchara de neno, e aquí traballou, principalmente co Centro Dramático Galego, até 1999, ano no que regresou ao país sudamericano.

Porén, a súa fama trascendeu as fronteiras daquel país hai seis anos, cando foi protagonista do film uruguaio “Whisky”. Dirixida por Pablo Stoll e Juan Pablo Rebella, a cinta recibiu un premio Goya á mellor película estranxeira de fala hispana e outro galardón no Festival de Cine de Cannes.


4,78/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Tráiler do filme Whisky

Pazos protagonizou "Whisky", un dos films uruguaios máis laureados internacionalmente nos últimos anos
Pazos protagonizou "Whisky", un dos films uruguaios máis laureados internacionalmente nos últimos anos