Diferentes entidades solicitan que a Xunta mude a súa estratexia contra a 'Altica quercetoum', unha praga que leva dúas décadas causando estragos nos carballos.
Máis dunha ducia de entidades solicitaron formalmente esta semana á Consellaría de Medio Rural que cambie a súa estratexia á hora de loitar contra unha das pragas que máis lle afectan: Altica quercetorum, máis coñecida popularmente como a pulguiña do carballo. Os danos que provocan estes insectos, aínda que non son necesariamente mortais, debilitan extraordinariamente o crecemento das árbores autóctonas e fainas moito máis vulnerables a outro tipo de enfemidades que si poden ameazar a supervivencia do carballo afectado.
Aínda que dende principio da década dos 80 se comezaron a detectar casos de Altica quercetorum, a praga comezou a facerse máis evidente a partir dos 90. Dende esa época a Xunta loita contra a mesma aplicando produtos químicos. Agora o Sindicato Labrego e as entidades que asinan o documento subliñan que algúns destas técnicas son obsoletas e mesmo están excluídas de determinadas directivas europeas.
Entidades que solicitan un cambio de estratexia: Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, Asociación Frouma, Asociación Galega de Apicultura, Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, Concello de Allariz, Concello de A Merca, Concello de A Pobra do Brollón, Concello de Chantada, Concello de Monforte de Lemos, Concello de Sarria, Concello de Toén, Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.
Para saber máis da Altica quercetorum