Domingo Villar, Rosa Aneiros, Carlos Negro, Benigno Campos e Carlos Mella, foron os autores favoritos para os lectores do país.
A Asociación Galega de Editores acaba de colgar na súa páxina electrónica o número 6 de Novidades de Libros (NDL). Nesta ocasión repasa toda a produción editorial en lingua galega do ano 2009. Cunha fermosa maquetación, a revista abre lume cun artigo do xornalista Moisés Álvarez (“O futuro do libro galego xógase hoxe”). A continuación a revista, nas súas cen páxinas, debulla todas as obras que saíron á luz o ano pasado.
No informe tamén podemos ver as obras e escritores que prefiren os lectores do noso país. Así, en ficción, Domingo Villar con 'A praia dos afogados' e 'Ollos de Auga', e Rosa Aneiros, con 'Sol de Inverno', foron os que lograron máis vendas. No apartado de poesía, o libro 'Once máis quince' (poemas musicados de varios autores) e 'Makinaria' de Carlos Negro. En canto a non ficción, o libro gastronómico de Benigno Campos 'A cociña dos larpeiros' e 'Memorias dun ninguén' de Carlos Mella ocuparon os primeiros postos.
Poden descargar aquí o informe completo