Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A OUTRA CARA DO FÚTBOL

Portugal: cando se apagan as luces da Eurocopa quedan as débedas

Seis anos despois de albergar a máxima competición do fútbol europeo, as cidades seguen a pagar os gastos da construción de estadios.

Redacción - 11:45 10/01/2010

Se en Galiza a Cidade da Cultura é a obra pública máis controvertida dos últimos anos é a Cidade da Cultura, en Portugal o debate está arredor dos campos de fútbol que se construiron na década pasada. As administracións públicas de Braga, Coimbra, Aveiro, Leiria, Faro e Loulé están a pagar aínda a resaca da Eurocopa 2004. Estes seis concellos teñen que destinar máis de 13 millóns de euros anuais a empréstimos bancarios solicitados no seu día para a construción de estadios. O Jornal de Noticias publica este domingo unha reportaxe na que se desvela como logo dos fastos deportivos os custos dos mesmos superaron aos ingresos.

En tempos de crise económica a polémica está servida. As cidades atópanse con grandes infraestruturas ás que non se lles saca rendemento. Un dos mellores exemplos é o do Estadio de Aveiro. O proxecto do arquitecto Tomás Taveira, inaugurado en novembro de 2003, tivo un custe de máis de 63 millóns de euros.

Na actualidade é o campo no que xoga o Sport Clube Beira Mar. Con capacidade para máis de 30 mil persoas, rara vez o fútbol logra encher máis da metade das bancadas. A polémica arredor é tal que neste municipio de pouco máis de 70 mil habitantes hai voces que reclaman a súa desaparición.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O Estadio Municipal de Aveiro ten capacidade para 30 mil espectadores, pero rara vez consegue sobrepasar a media entrada
O Estadio Municipal de Aveiro ten capacidade para 30 mil espectadores, pero rara vez consegue sobrepasar a media entrada
Estadio da Luz, en Lisboa
Estadio da Luz, en Lisboa