Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Especial informativo

Galiza puxa forte na grella televisiva portuguesa

O documentario de Maria Júlia Fernandes 'Galegos de Cá e Lá' consegue ser o segundo programa máis visto da RTP-1 no día da súa emisión.

Redacción - 16:30 07/01/2010

Logo do Telejornal das 20.00 horas da pasada segunda feira, que obtivo un 35,5% de audiencia, o documentario Galegos de Cá e Lá foi o programa máis visto do día na RTP, a televisión pública portuguesa.

O 28,6% dos televidentes do país vizinho decantáronse por este especial informativo onde se analiza a evolución histórica e a situación actual das aldeias raianas que ao longo dos anos foron vendo alterada a súa dependencia administrativa, con especial atención ás do Couto Misto.

Galegos de Cá e Lá
, de Maria Júlia Fernandes, foi o quinto programa máis visto de todas as televisións portuguesas, cun 12,3% da audiencia potencial total, a pouco máis de tres pontos do líder da xornada: Meu Amor, unha novela de grande suceso que emite a TVI.

O documentario, que volverá ser emitido o 15 de xaneiro pola RTP i (a canle internacional), lembra que non foi até 1864, co Tratado de Lisboa, que os estados português e español acordaron unha división fronteiriza "máis científica", a mesma que persiste até hoxe.


5/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: