Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xira promocional

A Galicola comeza a facer festa

Ordes acolle este sábado concerto inaugural en promoción da bebida que destina beneficios á promoción da lingua.

Redacción - 10:00 09/01/2010
Envase de "galicola"

Envase de "galicola"

Da man da Asociación Cultural Foucelhas, en Ordes, o Pub Arcos acolle este sábado 9 de xaneiro ás 22h un concerto promocional da Galicola. Actuará o cercedense Carlinhos Gende, pioneiro do beat box en Galiza, o artista local García de Dios ke te Crew, e o poeta e músico Leo i Arremecághona.

A Galicola comezou a distribuírse o pasado mes de outubro. Trátase dun proxecto da Asociación Cultural Fontaira que propón “unha oposición consciente á globalización e o capitalismo” e ten como fin último xuntar recursos para asociacións que traballen na defensa e normalización da lingua galega. Co lema "Sabor para a túa lingua" na etiqueta, pode atoparse en diversos bares, centros sociais e tendas de alimentación do país. A iniciativa non ten carácter lucrativo, polo que todos os beneficios que se xeren, descontados os gastos de produción e distribución, irán para a asociacións que traballen a prol da normalización do galego.


4,96/5 (25 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: