A plataforma fai un chamamento á cidadanía para que se concentre este mércores ás 17 horas na Praza do Obradoiro.
En poucas horas vaise dar a coñecer a proposta lingüística do Goberno para o ensino non universitario. A previsión é que o secretario xeral de Política Lingüística presente na mañá do mércores as liñas mestras do decreto que derrogará o anterior.
Mentres tanto, a plataforma 'Queremos galego' bole para dar unha resposta inmediata na rúa. Así, ás 17 horas do mesmo mércores, convoca á cidadanía a participar nunha concentración de protesta que terá lugar en Compostela, na Praza do Obradoiro. Os actos proseguirán noutras cidades e vilas do país ao día seguinte. Así, o xoves xa está convocado unha concentración comarcal na Estrada (ás 13 horas na Praza da Farola).