Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO

Gómez Noya repite como mellor triatleta do mundo

Lidera a Listaxe de Puntos da Unión Internacional de Triatlón, por diante do actual campión mundial.

Redacción - 13:45 23/12/2009

Xabier Gómez Noya, o triatleta galego, é xa un referente na súa disciplina deportiva a nivel mundial. Malia non revalidar o Campionato do Mundo neste 2009, conclúe o ano como número un na Listaxe de Puntos da Unión Internacional de Triatlón por terceiro ano consecutivo. Así o confirmou a Federación Española (FETRI), quen ten no galego unha das súas figuras máis destacadas.

O actual campión de Europa e subcampión do Mundo acumula 6.578,5 puntos nesta clasificación, 872,8 máis que o británico Alistair Brownlee, actual campión do mundo, e 1.456,1 máis que o alemán Maik Petzold. No seu palmarés, Gómez Noya pode presumir dunha gran traxectoria: Campión do Mundo (2008), Subcampión do Mundo (2007), Gañador das Copas do Mundo (2006 e 2007), Campión de Europa (2007) ou Campión do Mundo sub'23 (2003).

Outros galegos no Top-100
Outro dos nosos deportistas que está considerado entre os 100 mellores é Iván Rañá, que ocupa o posto 65. Doutra banda, na categoría feminina, lidera a listaxe a australiana Emma Moffat, que se proclamou por vez primeira campioa do mundo neste 2009, cun total de 6.738 puntos. A primeira galega é Pilar Hidalgo, que ocupa o posto número 90.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: