Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Móbiles de nova xeración

O Consello da Cultura deseña unha aplicación de realidade aumentada

O Mapa Cultural Galego achega unha capa de información e contacto dos principais equipamentos culturais do país.

Redacción - 18:30 22/12/2009
Detalle da aplicación, en formato mapa

Detalle da aplicación, en formato mapa

O Consello da Cultura presentou a súa primeira incursión no mundo da realidade aumentada. Xa é posíbel consultar o Mapa Cultural Galego como unha capa de datos do navegador Layar, dispoñíbel para varias plataformas móbiles. O CCG salienta que é a primeira institución do país en ofrecer información nesta modalidade, que combina as imaxes reais con capas de datos superpostas e identificadas grazas á xeolocalización. A aplicación realizouse en colaboración coa empresa especializada neste tipo de servizos Sixtema.

O Mapa presentado este martes permite representar a localización e información sobre diversos equipamentos culturais do país, como museos, galerías de arte ou centros sociais. As persoas usuarias poden coñecer numerosos datos técnicos sobre cada equipamento ou contactar directamente con el a través do teléfono, do correo electrónico ou da web.

A información do Mapa Cultural Galego procede do Mapa de Equipamentos Culturais de Galicia, un proxecto do Observatorio da Cultura Galega do CCG, que cataloga cinco mil equipamentos de todo o país. Prevese que no ano 2010 se incorporen todos os elementos catalogados na aplicación de viaxes culturais Roteiros, de Culturagalega.org.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: