Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
25 aniversario desta peza de Luar na Lubre

Recunchos para O Son do Ar, de Xapón a Croacia pasando por Bos Aires

Composta por Bieito Romero, a peza cumpre 25 anos. O grupo felicítase das ducias de versións feitas por músicos en todo o mundo, moitas accesíbeis na rede.

Redacción - 11:30 22/12/2009

É "tema estrela" no repertorio de Luar na Lubre. Así o admiten desde Luar na Lubre ao respecto de O Son do Ar e por este motivo queren facerlle homenaxe ás portas de 2010, ano no que a composición de Bieito Romero cumprirá o seu 25 aniversario. De xeito especial, o grupo quere ademais expresarlle o seu agradecemento a todos aqueles que "nalgunha ocasión escolleron esta melodía para darlle saída ás súas inquedanzas musicais". "Desde o aprendiz que comeza os seus pasos até os conxuntos que o inclúen no repertorio, ademais de a todos os que a empregaron como fondo sonoro de calquera actividade artística", subliñan.

Versionada por Mike Oldfield nunha das interpretacións máis coñecidas, O Son do Ar foi interpretada por ducias doutros músicos e con diferentes instrumentos, desde o violín á guitarra, pasando pola ocarina ou diferentes tipos de frautas. Gábanse desde Luar na Lubre do elevado número de versións que poden atoparse apenas facendo unha procura a través de internet. Entre outras, sinalan por exemplo a que desde Hiroshima achega o grupo xaponés Harmo, a da violinista canadense Shira Kammen, incluída no videoxogo Braid, Mac Léinn en Croacia, Gaël en Bos Aires, ou a do grupo peruano-alemán Alborada.


Ligazóns

5/5 (38 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dende Hiroshima, interpretado polo grupo xaponés "Harmo"

Interpretación da violinista Shira Kammen para o videoxogo "Braid"

Versión do grupo peruano-alemán Alborada