A oposición critica os recortes no investimento e nos servizos públicos, o Goberno matén que son “realistas”.
Este mércores saíron adiante os orzamentos da Xunta para o ano que vén. O PPdeG tumbou a inmensa maioría das máis de 1.300 enmedas da oposición. Os conservadores aceptaron seis modificacións que, segundo explicaron socialistas e nacionalistas, non supuxeron ningún cambio no articulado das contas.
Dende o PSdeG, o seu voceiro, Xaquín Fernández Leiceaga subliñou que as previsións para o ano 2010 “inverten as tendencias dos últimos catro anos”. Leiceaga botoulle en cara a Feijoo que o “gran inversor” vai ser o goberno español e non a Xunta.
Pola súa parte, o nacionalista Carlos Aymerich denunciou que as contas son especialmente discriminatorias coa lingua e coa cultura de Galicia: “mostran a alerxia que ten o PP a todo que soe a Galiza”. Aymerich fixo especial fincapé nunhas contas que fan ver políticas privatizadoras dos servizos públicos, especialmente os sociais.
O discurso do conservador Manuel Ruiz Rivas foi todo o contrario. Para o do Barbanza as contas van servir para dar “máis servizos públicos de calidade con menos impostos e creando unha Galiza cohesionada”. Ruiz Rivas sinalou que as contas son “realistas e rigorosas” logo da “herdanza máis envelenada da historia da autonomía”.