Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MANIFESTACIÓN

Causa Galiza sae ás rúas de Compostela para reivindicar que “a autodeterminación é o único camiño”

Nun comunicado aseguran que a Constitución española “afonda e perpetúa a explotación económica e a opresión cultural e política”.

Redacción - 15:25 06/12/2009

No medio dunha choiva intensa, a plataforma Causa Galiza saíu este domingo ás rúas da capital de Galiza para reivindicar o dereito á autodeterminación. A manifestación, na que participaron algo máis de 200 persoas, transcorreu baixo o lema de “Sobre nós, decidirmos nós. Soberanía é democracia”.

O acto rematou na praza do Toural onde se liu un manifesto moi crítico coa Constitución española e co Estatuto de Autonomía: “Contrariamente ao que o sistema afirma, a raquítica descentralización administrativa contemplada nesa constituición e o posterior Estatuto de Autonomía de 1981 téñense demostrado eficaces ferramentas para afondar e perpetuar a nosa explotación económica, opresión cultural e dominación política.”

O texto, que denuncia a “claudicación da dirección do nacionalismo institucional” facía fincapé en que “tras catro anos de goberno PSOE-BNG continuista co fraguismo, a recuperación de San Caetano polo PP activou a implementación de unha belixerante estratexia españolista que sen pudor pretende destruír o noso idioma e cultura.”

Logo da marcha polas rúas, comezou un xantar popular amenizado por Homens sen Medo. Ás 19.30 horas estaba prevista as actuacións musicais de Mini e Mero, Leo e Arremecaghoná, Ultraqans e Ataque Escampe.


4,69/5 (42 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: