Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Personaxe de 'Air Galicia'

O "turista madrileño" salta da televisión aos escenarios

Evaristo Calvo revivirá por escenarios de todo o país a estraña visión de Galiza dun visitante chegado da Meseta. Vídeo no interior.

Redacción - 10:00 01/12/2009

O personaxe do "turista madrileño" que interpretaba Evaristo Calvo na serie da TVG Air Galicia salta aos escenarios. O mesmo actor representará o papel creado polos guionistas Andrés Mahía, Carlos Ares e Xosé Castro por cafés, pubs e salas do país, vestido co seu característico polo rosa, faldriqueira e gorra de España, amosando a súa peculiar visión de Galiza e do pobo galego.

A estrea será este mércores no Club Dado Dadá de Compostela. Posteriormente visitará Boiro (o 6 de decembro), Lalín (día 11), Vinilo (13) e, despois de regresar a Santiago (o día 16), recalará no Porriño (15 de xaneiro) e Lugo (29).


4,85/5 (26 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: