Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PSdeG pídelle explicacións á Xunta

Un armador implicado en pesca ilegal ingresou 3,9 millóns en axudas públicas

Os socialistas consideran que o Goberno deixou de aplicar os mecanismos de control de axudas e subvencións que puxera en marcha o anterior executivo.

Redacción - 10:00 30/11/2009

"De novo o PP apoia os que pescan ilegalmente, así como apoiou a estratexia dos piratas no secuestro do Alakrana", acusou esta fin de semana a secretaria de Medio Mariño do PsdeG, Carme Gallego. A deputada socialista e ex conselleira de Pesca referíase á concesión, hai dúas semanas e a través do Consello da Xunta, de axudas públicas por valor de 3,9 millóns de euros a unha empresa xestionada polo empresario Manuel Antonio Vidal Pego. En 2003, Pego era propietario de Viarsa, empresa extinguida despois do episodio de apresamento dun buque co mesmo nome en Australia por pesca ilegal.

"Por que non continúa empregando os mecanismos de control das axudas e subvencións públicos postos en marcha polo anterior executivo e a disposición de todas as consellarías da Xunta", reclamou Carme Gallego, recordando que situacións como a deste empresario son habitualmente denunciadas internacionalmente por organizacións ecoloxistas como Greenpeace. Para Gallego é necesario realizar un "control efectivo" desta empresa dedicada á transformación e comercialización de produtos da pesca "para evitar que sirva como medio de comercialización de pesca ilegal".


5/5 (1 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: