Á vista destas afeccións, o científico considera que o proxecto acuícola de Touriñán resulta INCOMPATÍBEL coa conservación dos hábitats e especies protexidos. Van a Sra. Quintana e o Sr. Feijóo a respectar a lexislación europea, estatal e galega que protexe a Rede Natura ou suprimirán por decreto os valores naturais de Touriñán para contentar a Pescanova? Baixa o informe HÁBITATS TOURIÑÁN
A lexislación de protección da Rede Natura é clara a respeito das afeccións a hábitats prioritarios. Véxanse os apartados 3 e 4 do artigo 6 da Directiva de Hábitats e do Real Decreto 1997/1995 que traspón ao ordeamento xurídico estatal a Directiva 92/43 CE:
Art. 6. Medidas de conservación [...] 3. Calquera plano o proxecto que, sen tener relación directa coa xestión do lugar o sen ser necesario para esta, poida afectar de xeito apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros planos ou proxectos, someterase a unha axeitada avaliación das súas repercusións no lugar, que se realizará de acordo coas normas que sexan de aplicación, de acordo co establecido na lexislación básica estatal e nas normas adicionais de protección ditadas po as Comunidades Autónomas, tendo en conta os obxectivos de conservación de dito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4 deste artigo, as Comunidades Autónomas correspondentes só manifestarán a súa conformidade con dito plano ou proxecto tras asegurarse que non causará perxuizo á integridade do lugar en cuestión e, de proceder, tras sometelo a información pública. 4. Si, apesar das conclusións negativas da avaliación das repercusións sobre o lugar e a falla de solucións alternativas, debera realizarse un plano ou proxecto por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, incluidas razóns de índole social ou económica, as Administracións públicas competentes tomarán cantas medidas compensatorias sexan necesarias para garantir que a coherencia global de Natura 2000 quede protexida. No seu caso, as Comunidades Autónomas comunicarán ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación as medidas compensatorias que teñan adoptado e este, através da canle correspondente, informará á Comisión Europea. No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente poderanse alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde. Neste último caso, através da canle correspondente, haberá que consultar, previamente, á Comisión Europea.Precisamente, o incumprimento destes preceitos por parte da administración Fraga (na que Feijóo era conselleiro de política territorial), foi a causa de que o TSXG, mediante dúas sentenzas (de 22 de setembro e de 26 de outubro de 2009) ANULARA a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) e máis o acordo do Consello da Xunta de Galiza de 28 de xullo do 2005 polo que se aprobaba o proxecto sectorial da piscifatoría de Rinlo, en Ribadeo. No proxecto de Rinlo a afección aos hábitats prioritarios do proxecto era menor dun terzo, mentres que en Touriñan é case a metade.
C.1) FASE PREVIA Á DE REDACCIÓN DO PROXECTO CONSTRUCTIVO 1. Dada a necesidade de conservación do hábitat prioritario 4040 (Uceiras secas atlánticas costeiras de Erica vagans) as instalacións non poderán localizarse dentro da superficie ocupada por este hábitat, sendo preciso evitar calquera afección ó mesmo producida por explanacións, terrapléns, desmontes, remoción de terras, acumulación de residuos, paso de maquinaria, vertidos de calquera natureza, etcétera.No entanto, o daquela Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, José Manuel Álvarez-Campana Gallo, o mesmo que asinou a DIA fraudulenta de Rinlo (anulada recentemente polo TSXG), certificou na DIA de Touriñán o seguinte:
A pesar da localización da actuación no ámbito do LIC "Costa da Morte" non se detectou a presenza de hábitast prioritarios protexidos, polo que non se considera necesario establecer medidas compensatorias. Non obstante, no plan de recuperación e revexetación plantexase a posibilidade de introducir a especie de brezo para a restauración última da área afectada.Ao noso entender, a Declaración de Impacto Ambiental de Touriñán ten o mesmo valor legal que a de Rinlo: ningún. Non só é falso que non se vaian afectar hábitats prioritarios, como pon de manifesto o profesor Amigo no seu informe, senon que a propia administración galega, aténdose ao Atlas de Hábitats do Ministerio de Medio Ambiente, recoñeceu a presenza destes elementos en Touriñán, razón pola cal esta localización foi excluída do Plano Acuícola do bipartito.