Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Orzamentos da Xunta para 2010

Contas "realistas" despois da "entelequia" do bipartito, contrapón Fernández Currás

A conselleira de Facenda prognostica que os orzamentos deseñados polo Goberno para 2010 avalarán un crecemento dun 0,2% no PIB.

Redacción - 17:30 23/11/2009


"Imos ser a única comunidade autónoma, xunto con Estremadura, que prevé terminar o ano 2010 con crecemento". Subliñouno este luns no Parlamento a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, expoñendo o seu convencemento de que Galiza estará en breve acelerando no camiño da "converxencia". "Estamos a pór os cimentos da recuperación e do crecemento económico", insistiu, destacando a estimación de que o PIB galego medre un 0,2% en 2010.

"Faremos de valores tan galegos como a coraxe, o traballo e o sentido da oportunidade as ferramentas para deixar atrás a recesión e construír uns sólidos fundamentos de crecemento de cara aos vindeiros anos", debullou Fernández Currás, para quen a necesidade de "xerar confianza" no escenario económica ten o seu primeiro chanzo nas "previsións fiábeis, serias e críbeis" que lle atribuíu ao executivo do que forma parte.

"Temos que aproveitar o cofinanciamento dos fondos europeos no marco 2007-2013, o que nos vai permitir seguir na senda da converxencia cas rexións máis desenvolvidas", indicou Currás. A conselleira receitou con esa fin políticas de "marcado carácter anticíclico" e "priorización" do gasto. Engadiu a responsábel de Facenda que Galiza será "a terceira comunidade autónoma máis aforradora" o ano que vén e avaliou que haberá un aforro en gastos de funcionamento, "os non produtivos", en até un 28%.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: