Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Moción de censura

PSdeG e BNG obteñen o goberno de Porto do Son entre aplausos e apupos

O novo alcalde, o socialista Xoán Pastor Rodríguez, prometeu "traballo, honradez e capacidade de diálogo" coa oposición.

Redacción - 13:45 18/11/2009

Como estaba previsto, prosperou a moción de censura promovida polo PSdeG e polo BNG en Porto do Son. O novo alcalde será o socialista Xoán Pastor Rodríguez e a tenente de alcalde a nacionalista Ánxela Franco. Deste xeito, desaloxaron da alcaldía o popular Manuel Tomé.

O pleno tivo lugar na casa da cultura de Porto do Son, á que acudiron numerosos veciños, que recibiron entre aplausos e apupos o novo goberno local. Os cinco votos do PSdeG e os catro do BNG apoiaron a moción, fronte aos seis en contra do PPdeG e as dúas abstencións dos independentes.

Despois de recibir o bastón de mando cunha aperta do ex-rexedor, Pastor Rodríguez comprometeu "traballo, honradez e capacidade de diálogo" coa oposición e cos veciños, e pediu a colaboración do PPdeG para levar a cabo os proxectos pendentes coa Xunta.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: